Licenza
Vídeos e imaxes
Os vídeos e as imaxes publicadas nesta web son propiedade dos seus autores/as (cadaquén o seu).
Os vídeos e as imaxes publicadas pola Sala Nasa están liberados con licenza Creative Commons by-nc-sa. Iso quere dicir que podes empregar os vídeos e as imaxes como queiras, sempre que digas de onde sacas o material, que non tires beneficio económico del, e que o produto resultante teña a mesma licenza. E outro tanto pasa cos textos da web.
Os usuarios e usuarias que publiquen contidos asumen que detentan a propiedade intelectual deses contidos. Os vídeos e as imaxes publicadas polos usuarios e usuarias da web serán tamén, e por defecto, liberadas coa mesma licenza Creative Commons by-nc-sa. Se alguén quere facer unha excepción a esta norma, pódese poñer en contacto coa Rede Nasa a través do correo electrónico info@redenasa.tv.
Os vídeos procedentes de Youtube terán a licenza que se indique na páxina de orixe respectiva.
Se houbese materiais publicados con licenzas máis restritivas, faríase explícito para cada un deles.
A web
A web está creada empregando software libre. O código está realizado cos frameworks de php e CSS phpCan e cSans, respectivamente, que están liberados con licenza GNU Affero 3.
En canto se acade unha versión estable do código desta web, liberarase cunha licenza libre.